Publicacións

Ata sempre, InnovaTic

 Esta materia chegou ao seu fin, tristemente 😭 Realmente nela sentinme moi a gusto, porque me encantan as ferramentas informáticas desde que teño uso de razón. Ao longo da miña vida, tanto no ámbito educativo, profesional ou persoal empreguei diversas ferramentas que me encantaron e me fixeron a vida un chisco máis fácil. De pequena ía a clases de infórmatica, na ESO e no bacharelato chegamos a programar (e dábaseme realmente ben, para que negalo?) e na carreira descubrín a robótica. Cada vez que coñezo algo novo quero aprender máis e máis, porque como dixen na entrada do día anterior, imos educar ás xeracións do futuro, e debemos estar preparados para abrirlles as portas do futuro.  Sendo sinceira, nesta materia aprendín moito sobre iso. E agradézolle moito ao mestre que nos tivera ensinado tanto, porque moitas destas cousas vounas poder empregar no exame da oposición e na miña vida profesional. Sen máis, espero que vos gustara todo o que fun publicando, que o levedes á vosa vida com

Scratch e videotitoriais

Imaxe
Scratch é unha aplicación que permite a nenos (e non tan nenos) programar e crear escenas ou xogos divertidos de xeito doado. Empregar Scratch sempre me pareceu difícil, pero desta vez dei logrado facer algo, porque a fedellar nas cousas ninguén me gaña. A finalidade desta ferramenta é que os nenos desenvolvan as súas habilidades mentais e comecen a empregar o código para programar. Debemos recordar que estamos educando aos homes e mulleres do futuro, e a programación está en auxe, polo que debemos estar formados para facilitarlles as cousas ao noso alumnado e que a aprendizaxe sexa fructífera. Aquí vos deixo a miña escena e a ver se vos gusta. Eu titúloa "o gato rockeiro". https://scratch.mit.edu/projects/457922571 Ademáis disto, hoxe realizamos un pequeno videotitorial a través de distintas plataformas. Eu empreguei Screenity porque é moi sinxela e intuitiva, e pódenos servir para a nosa profesión docente, concretamente para explicarlle algo aos nenos e nenas ou ás familias

Gamificación, Apss e E-Dixgal

Imaxe
 Na clase de hoxe fixemos varias cousas: A primeira foi traballar a gamificación, é dicir, o xogo mediante plataformas virtuais (aínda que tamén se pode facer de forma analóxica), e para eso traballamos con diversos soportes como Genially, Kahoot ou Quizizz. Eu, que son unha friki das TIC xa as coñecía todas, pero é no mestrado onde as estou poñendo máis en práctica ca nunca. Aquí tendes un par de exemplos do que eu fixen:  Exemplo de Kahoot Exemplo de Quizizz Unha vez rematamos estivemos revisando Apps para Educación Infantil e Educación Primaria, que se poden usar desde móbiles, tabletas, etc. e que poden ofrecer aprendizaxes para os nenos e nenas tanto no seu fogar coma na aula.  Despóis estivemos revisando a plataforma E-Dixgal, moi útil para traballar libros dixitais para 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO, sobre todo en tempos de pandemia, que lles permite aos alumnos/as traballar cada un desde o seu equipo. E-Dixgal naceu no curso 2014/2015, e permite ao alumnado acceder ao

Hoxe si que traballamos!

Imaxe
 Neste día comezamos explicando o que son as ferramentas de autor. Estas son aplicacións informáticas coas que podemos crear recursos didácticos TIC. Eu teño usado moitas veces Ardora, e coñecín ao seu creador! Para min é moi intuitiva e permite facer moitas cousas para infantil e para primaria.  Posteriormente pasamos a traballar en Educaplay, unha plataforma que permite crear actividades para nenos e nenas de todos os cursos e que permite a opción de facelas en galego, de puntuar as de outros creadores e xogar a elas, de traballar de forma colaborativa, etc. Eu fixen catro. Aquí volas deixo: Animais por aquí e por alá:   https://www.educaplay.com/learning-resources/7759815-animais_por_aqui_e_por_ala.html Completa a palabra:  https://www.educaplay.com/learning-resources/7759764-completa_a_palabra.html Recorda que...:  https://www.educaplay.com/learning-resources/7759661-recorda_que.html Animales:   https://www.educaplay.com/learning-resources/7759539-animales.html Así mesmo creamos un

A cousa vai de comics, rúbricas e clases virtuais...

Imaxe
Outra clase máis!  Nesta tocou facer un comic coas aplicacións que nos achegou o profesor. Deunos a escoller entre Canva, Pixton e outras moitas. Eu escollín o Pixton, porque xa teño escoitado falar dela e pareceume atractiva e fácil de empregar. Ten un montón de funcións, como poder cambiarlle a expresión aos monicreques, cambiar o foco ou zoom da imaxe, engadir lendas ou burbullas, etc. Está bastante ben para traballar a lecto-escritura, a imaxinación e creatividade, etc. cos nenos e cas nenas. Co meu cómic fíxenlle un pouco de pelota ao profesor. Espero que non lle sente mal! 😅 Logo realizamos unha rúbrica na aplicación Rubistar. É bastante empregada polo profesorado para realizar as avaliacións dos cativos e cativas, así que nós tamén tivemos que probar. Realmente nunca a empregara e ao principio resultoume bastante liosa, pero como todas as ferramentas tecnolóxicas acabámoslle collendo o truco.  Finalmente, aprendemos a traballar con Google Classroom, que por sorte ou desgraza -s

Conceptualízate con estes mapas!

Imaxe
Desta vez tocou facer un mapa conceptual con un programa en liña (que tamén ten a opción de descargar). O programa que eu usei foi o CmapTools, pero existen outros como Creately ou Lucidchart. Xa teño usado este tipo de programas noutras ocasións, posto que para a Educación Infantil son moi visuais e aclaratorios, e permiten organizar ben o pensamento dos cativos e cativas. Para esta ocasión creei un bastante sinxelo que nos amosa onde estamos, comezando polo continente, pasando polo país, e así ata chegar á nosa clase de TIC. A ver se vos gusta!

LMS ou como usar Edmodo e Moodle

Imaxe
 O martes 3 de novemebro adentrámonos no mundo LMS (Learning Management System). A través deste sistema o docente pode mellorar a experiencia educativa e axudar ao alumnado cun entorno de aprendizaxe máis personalizado e adaptado ás súas necesidades. Algunhas das plataformas que empregamos foron o Edmodo ou o Moodle . No meu caso xa as teño empregado como estudante e son bastante intuituvas para o alumnado. Na clase aprendemos a usalas desde o lugar do profesor, un rol no que non tíñamos tanta práctica. Desde ela puidemos colgar documentos, enlaces, libros e incluso xogos interactivos. Se a min me resultou divertido, espero que ao alumnado tamén llo pareza e saiba aproveitalas ben. 

Symbaloo

Imaxe
 Ademáis das actividades anteriores creamos un Symbaloo. Que é isto? Unha plataforma gratuíta e online que serve para crear un tablón con enlaces interesantes que poderemos organizar e categorizar. Poden ser interesantes para presentarlles ás familias e que conten con recursos, e para o propio alumnado, así como para guiar e formar a profesorado.  E se eres desas persoas que esquecen todo... ao mellor o Symbaloo éche de axuda para ter todo organizado e que non te perdas nada😜 Aquí che presento o que realicei eu na clase.

Creative Commons

Imaxe
 A primeira actividade de hoxe consistiu en buscar unha serie de imaxes e audios e comprobar o tipo de licenza que tiñan (dominio público, privado...) e as súas restriccións legais. É moi importante coñecer este tipo de cousas para evitar cometer algún delito, sobre todo cando estudas un mestrado de investigación e tes que buscar documentos, imaxes, etc. A plataforma Creative Commons, entre outras como Safe Creative, nacen co obxectivo de ofrecer dereitos e licenzas aos distintos autores que crean contido.   Unha das imaxes que atopei foi a titulada "Wait for me daddy", que é de dominio público e atopei en Wikimedia Commons. Sen duda unha imaxe moi tenra e tamén devastadora. 

WordArt e Padlet

Imaxe
 Na clase do 22 de outubro realizamos unha serie de tarefas. Comezamos falando de Edixgal e outras aplicacións empregadas nos centros públicos escolares de Galicia, e logo pasamos á acción co Word Art e co Padlet.  O Padlet é unha ferramenta que semella unha pizarra, pero neste caso é interactiva e colaborativa. Entre as súas funcións está a de subir contidos, como fotografías, documentos, vídeos, etc., así como se pode comentar, premer "gústame", etc. O padlet pode ser moi beneficioso para ir informando ás familias dos avances do grupo, sobre horarios, saídas, etc. Aquí, no enlace, podedes ver o meu Padlet . Se andades xustos de tempo, podedes velo porriba nesta imaxe.  O WordArt serve pare crear imaxes, pero non unhas imaxes calquera, senón unhas creadas con unha serie de palabras que nos podemos escoller. Esta é unha forma de que nenos e nenas comecen a traballar as TIC ou a lecto-escritura e se sintan atraídos por ela, posto que as formas son moi motivadores para eles e p